A sétima edición do RallyMix Cuntis, un dos eventos automobilísticos máis esperados do calendario, foi suspendida debido ás adversas condicións climáticas.
"Por motivos de seguridade debido ás condicións do trazado agravadas pola copiosa choiva da xornada de hoxe, non se pode garantir o acceso dos servizos médicos e de urxencia", anunciou a organización, quen tomou a decisión de suspender a segunda manga, a partir do participante número 69, e a terceira.
A Escudería Cuntis Vila Termal convocou unha reunión cos pilotos para informar da situación actual da carreira mentres traballa en tentar liquidar os problemas que ten actualmente o trazado.
O VII RallyMix Cuntis Vila Termal é a penúltima cita puntuable do Campionato Galego de Rallys Mixtos, cun percorrido que mestura terra e asfalto con saída xunto ao paseo fluvial.
En total os participantes deben completar cinco mangas oficiais cronometradas, tres delas previstas para o sábado 5 a partir das 11.30 horas e os dous restantes para o domingo desde as 9.00 horas.