Viaxe a Cidade Real para un Teucro en recomposición

Pontevedra
10 de xaneiro 2020

O 2020 comeza para o Teucro cunha difícil saída á cancha do Alarcos (sábado, 18:00 horas) e coa necesidade de vencer para acougar as augas na entidade despois do seu mal final de ano

Luis Montes, nun adestramento do Teucro 2019-2020
Luis Montes, nun adestramento do Teucro 2019-2020 / Mónica Patxot

As augas baixan revoltas na Sociedad Deportiva Teucro, e só volver á senda dos bos resultados pode aliviar a situación da entidade a nivel deportivo.

"Creo que es más la sensación o el ruido que la inestabilidad real", defende Luís Montes, pero o certo é queo equipo sumou unicamente 1 triunfo e 1 empate nos seus últimos 7 encontros de liga.

Nesta difícil situación o plantel azul estrea 2020 este sábado (18:00 horas) cunha esixente saída á cancha do Alarcos de Cidade Real. Faino tras só 7 sesións de preparación, a maioría dobres, tras a súa volta aos adestramentos. "Se nos ha hecho justito el trabajo", recoñece o preparador pontevedrés, que cualifica este choque e o da seguinte semana contra o Córdoba de "importantísimos".

Para o técnico o Alarcos "por plantilla es un candidato al ascenso", a pesar de chegar á cita empatado a puntos co Teucro (13).

Os pontevedreses chegan á cita xustos de efectivos ante as ausencias de Perovic e Bojicic, na rampla de saída, e do lesionado Cisneros. Si viaxa a recente fichaxe, o pivote Adrián Freiría, a pesar do seu aínda baixa forma.