O Pontevedra Club de Fútbol desvelou o prezo fixado para as entradas da primeira eliminatoria da Copa do Rei.
Os granates, que regresan a esta competición tras un ano de ausencia, mediranse o vindeiro mércores 30 de outubro (20.00 horas) a un rival que milita na Segunda División, o Levante UD.
Tal e como se anunciou no lanzamento da campaña de abonados, os socios granates poderán acceder ao choque co seu carné de tempada, sen sobrecusto algún.
Ademais contarán cunha promoción á súa disposición, a de poder retirar unha entrada anticipada (en liña ou en oficinas) para un acompañante cun desconto do 50%.
En canto aos prezos para o público xeral, os afeccionados deberán pagar 15 euros en ambos os dous fondos e en Preferencia e 20 euros na bancada de Tribuna.
Pola súa banda a categoría xuvenil (7 a 17 anos) custará 5 euros nas tres primeiras bancadas e 15 euros na de Tribuna.
Menores de até 6 anos contarán con acceso de balde, aínda que sen dereito a butaca reservada, puntualiza o Pontevedra.
As entradas puxéronse xa á venda.