O Arosa non perde corda na loita pola cuarta praza tras derrotar ao Barco (1-0) nun disputado encontro no campo da Lomba.
Os arlequinados saíron ao campo conscientes do que había en xogo e aos 15 minutos lograron o tanto que ao cabo sería definitivo, nun centro de Julio Rey rematado por Sylla ao fondo das mallas.
A pesar de que o gol achandou o camiño, non foi sinxelo para os locais, que non acertaron a sentenciar cando tiveron opcións e tiveron que defenderse das acometidas dos ourensáns, aínda que o fixeron con acerto.
Coa súa vitoria nun dos partidos adiantados da xornada de Terceira o Arosa ascende momentánemanete á cuarta posición con 59 puntos, dous de vantaxe sobre o Bergantiños, que xogará o sábado.