O partido do próximo sábado 14 de xaneiro (19.00 horas) no Estadio Reina Sofía de Salamanca non só será importante para o Pontevedra Club de Fútbol na súa pelexa por saír dos postos de descenso. Tamén para Unionistas, o seu rival, inmerso na mesma pelexa cun punto máis que os granates na táboa empatado cos postos de salvación.
O club salmantino, consciente diso, lanzou unha promoción para os seus abonados co obxectivo de incrementar o apoio cara a eles nas bancadas.
Para o choque contra os granates os socios Colaboradores e PRO de Unionistas poderán retirar tres entradas para acompañantes, mentres que o resto de abonados poderán conseguir dous sen custo.
En canto ao prezo das entradas para o público xeral, fixáronse en 15 euros para os adultos e en 7 euros para os menores de entre 7 e 17 anos.
ENTRADAS | Ya puedes pasarte a por tus localidades para los encuentros del sábado frente al @PontevedraCFSAD y del próximo domingo frente al @AlgecirasCF:
— Unionistas de Salamanca CF (@UnionistasCF) January 10, 2023
Socio PRO/Colaborador: entradas de acompañante gratis.
Resto de socios (incluido simpatizantes): entradas. pic.twitter.com/0K6fN90j8x