Unha previa granate á altura da final polo ascenso

Pontevedra
02 de xuño 2024

A afección granate encheu as rúas da Boa Vila e os aldeaños de Pasarón na previa ao partido entre o Pontevedra e o Betis Deportivo  

Afección granate na previa do Pontevedra-Betis Deportivo
Afección granate na previa do Pontevedra-Betis Deportivo / Mosrey Fotografía

A afección granate encheu as rúas da Boa Vila e os aldeaños de Pasarón na previa ao partido entre o Pontevedra e o Betis Deportivo.

Desde primeira hora do día as camisetas granates podían verse en calquera recuncho da cidade.

O club instalou ademais unha Fan Zone para a afección na chaira exterior traseira do Pavillón Municipal de Deportes con ambientación musical desde a apertura ás 13:00 ás 16:00 horas que empezou a caldear o ambiente.

Todo ata acabar nos exteriores de Pasarón, en especial á esquina entre Tribuna e Fondo Norte, onde se congregaron multitude de afeccionados mentres moitos outros xa esperaban pacientemente a apertura de portas no estadio coa intención de vivir e gozar da gran final polo ascenso a Primeira RFEF.