Unha dobre campioa do mundo forma á canteira do paddle surf de Aguete e Sanxenxo

Marín
28 de decembro 2023

Esperanza Barreras, dobre campioa do mundo de pádel surf en carreira técnica e longa distancia, ofreceu en Marín unha clase mestra aos deportistas de dous clubs locais, o Imua Paddle Surf Club Aguete e o club Paddle Surf Sanxenxo

Esperanza Barreras, cos responsables do Imua Paddle Surf Club Aguete e o Paddle Surf Sanxenxo
Esperanza Barreras, cos responsables do Imua Paddle Surf Club Aguete e o Paddle Surf Sanxenxo

Esperanza Barreras, dobre campioa do mundo de pádel surf en carreira técnica e longa distancia, ofreceu en Marín unha clase mestra aos deportistas de dous clubs locais, o Imua Paddle Surf Club Aguete e o club Paddle Surf Sanxenxo.

Así, os deportistas puideron gozar dunha xornada cunha charla técnica e nutricional, seguida dunhas prácticas na auga e tiveron ademais a oportunidade de ter entre as súas mans as catro medallas de ouro obtidas por Esperanza nos dous últimos mundiais. 

Segundo a campioa do mundo, a canteira de Aguete e Sanxenxo "está xa nun nivel moi alto e cunha progresión brutal", polo que augurou que pronto poderemos velos no circuíto nacional, relacionándose cos mellores deportistas a nivel nacional.

A xornada tivo dous momentos emotivos, xa que por unha banda inauguráronse as instalacións deste novo club marinense e, doutra banda, homenaxeouse a Esperanza Barreiras polo seu apoio ao paddle surf galego e o seu compromiso coa canteira.