Un tricampión do mundo converte o pavillón de Tenorio nunha aula de muay thai

Cerdedo-Cotobade
18 de setembro 2023

O tricampión do mundo de muay thai, o gaditano Carlos Coello, converteu o pavillón de Tenorio nunha improvisada aula desta peculiar arte marcial. Foi ante un cento de deportistas que practican esta modalidade de loita

Master class de may thai con Carlos Coello no pavillón de Tenorio
Master class de may thai con Carlos Coello no pavillón de Tenorio / Concello de Cerdedo-Cotobade

O tricampión do mundo de muay thai, o gaditano Carlos Coello, converteu o pavillón de Tenorio nunha improvisada aula desta peculiar arte marcial.

Foi ante un cento de deportistas que practican esta modalidade de loita, que foran convocados pola Federación Galega de Kick Boxing. 

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, quen fixo entrega dunha placa conmemorativa a Carlos Coello, agradeceu tanto á federación como a Tony Garrido, adestrador de muay thai, que escolleran o pavillón de Tenorio para realizar esta máster class.

As leccións desta arte marcial, tamén coñecida como boxeo tailandés, resultaron un éxito tanto formativo como deportivo. 

Carlos Coello naceu en Cádiz no ano 1990 e leva vivindo en Tailandia desde que cumpriu os 18 anos. Adestrando no berce desta arte marcial chegou a converterse no primeiro deportista non tailandés en escalar ata as dez primeiras posicións do ránking mundial.