O Pontevedra Club de Fútbol fixo públicos os seus compromisos de preparación durante a pretempada, que comezará o vindeiro luns día 15 de xullo.
Como nos últimos anos, dúas serán as citas do equipo no Estadio Municipal de Pasarón, que servirán de presentación ante os seus afeccionados.
A primeira delas será o partido amigable inaugural da pretempada, co LX Trofeo Luís Otero que terá como rival o mércores 24 de xullo ao Racing de Ferrol, equipo recentemente ascendido á Segunda División B.
A outra oportunidade de ver aos granates en acción na casa será o prato forte, cun triangular ante dous conxuntos de superior categoría, o RC Deportivo e o CD Tenerife, ambos os dous de Segunda División e que pisarán Pasarón o mércores 31 de xullo.
Ademais, figuran na planificación varios triaungulares máis, un ante Celta B e Fabril en Moraña e outro ante Estadrense e UD Ourense en Teo, e un partido contra o Real Madrid Castilla en Portonovo.
O exame xeral antes do inicio da liga chegará unha semana antes do debut, o 18 de agosto, visitando o Arosa na Lomba.
As datas da pretempada granate, a falta de concretar horario e prezos das entradas, son as seguintes:
- Mércores 24 de xullo: Pontevedra CF - Racing de Ferrol (LX Trofeo Luís Otero). Pasarón.
- Sábado 27 de xullo: Triangular ante Celta B e Fabril (Torneo do Carneiro ao Espeto). Moraña.
- Domingo 28 de xullo: Triaungular ante Estradense e UD Ourense (Triangular Praíña SC). Pontevea, Teo.
- Mércores 31 de xullo: Triangular ante RC Deportivo e CD Tenerife. Pasarón.
- Xoves 1 de agosto: Pontevedra CF - RM Castilla. Portonovo.
- Domingo 4 de agosto: UD Atios - Pontevedra CF (Trofeo L Aniversario). O Porriño.
- Sábado 10 de agosto: Juvenil Ponteareas - Pontevedra CF. Ponteareas.
- Domingo 11 de agosto: Racing Villalbés - Pontevedra CF. Vilalba.
- Mércores 14 de agosto: Mondariz FC - Pontevedra CF (Trofeo Centenario). Mondariz.
- Domingo 18 de agosto: Arosa SC - Pontevedra CF. Vilagarcía.