A pretemporada avanza para os equipos do Leis Pontevedra, que este sábado 9 de setembro afrontará unha xornada que servirá de pedra de toque para os seus conxuntos senior.
Será coa primeira edición do torneo Pontevédrate Futsal, no Pavillón Municipal dos Deportes, nunha dobre cita que servirá de presentación oficial para os equipos feminino e masculino.
O primeiro en actuar será o bloque feminino, que se enfrentrará ás 17:00 horas ao Salceda de Caselas, que milita na liga Galega.
Pola súa bandaocadro masculino medirase ás 19:30 horas a un rival da súa categoría, o Narón da Segunda División B.
A xornada completarase coa presenza dos xogadores infantís, masculinos e femininos, que mostrarán as súas habilidades xogando no descanso dos partidos.