Antonio Fernández verase obrigado a modificar unha vez máis o once inicial do Pontevedra Club de Fútbol, no partido que enfrontará a domicilio os granates este sábado (19.00 horas) con Unionistas.
O técnico granate deixou fóra da convocatoria para o partido a Samu Araújo, tras non superar o defensor un proceso gripal que lle apartou dos adestramentos do equipo durante os últimos días.
A súa ausencia apunta a que será cuberta no costado zurdo defensivo por Álex González, o que abre outras posibilidades na parcela ofensiva. Ademais Rufo, titular contra o Badajoz, perderase a cita por sanción.
A outra principal novidade da lista para viaxar a Salamanca é o regreso de Alberto Rubio, superada unha lesión na súa man.
Desta forma sen Samu nin tampouco Ángel Bastos por lesión, ademais do sancionado Rufo e o desaparecido Guèye, Antonio leva os 19 futbolistas dispoñibles do primeiro plantel, incluíndo os tres porteiros, completando a convocatoria con Valentín Jaichenco e Sergio Abal.
CONVOCATORIA | Estos son os 21 xogadores convocados por Antonio Fernández para o partido de mañán fronte o @UnionistasCF #IzandoVelas#HaiQueRoelo#UnionistasPontevedrapic.twitter.com/vzOu0OBYdY
— Pontevedra CF (@PontevedraCFSAD) January 13, 2023