Un primeiro de maio de moito piragüismo en Pontevedra

Pontevedra
27 de abril 2023

O encoro de Pontillón do Castro, en Verducido, será escenario o vindeiro luns 1 de maio da I Regata Pista Eurorrexión Galicia-Norte Portugal, coa presenza de deportistas de 20 clubs

Campionato Galego de Inverno de 5.000 metros en Verducido
Campionato Galego de Inverno de 5.000 metros en Verducido / Cristina Saiz

O piragüismo tomará Pontevedra o vindeiro luns 1 de maio cunha dobre cita deportiva.

Por unha banda o Complexo Deportivo David Cal do encoro de Pontillón do Castro, en Verducido, será sede da I Regata Pista Eurorrexión Galicia-Norte Portugal.

Trátase dun evento organizado pola Federación Galega de Piragüismo que se desenvolverá sobre as distancias de 500 metros (categorías femininas) e 1.000 metros (masculinas) en idades sénior, xuvenil e cadete tanto en kaiak como en canoa individual.

En total confirmaron a súa participación padeeiras de ata 20 clubs, nunha actividade que arrincará ás 10.00 horas da mañá.

Ademais en Ponte Sampaio, á mesma hora, terá lugar unha regata da Liga Provincial de base, na que participarán ata 300 deportistas das categorías prebenxamín, benxamín e alevín.