Importante triunfo do Portonovo na visita do Mondariz a Baltar (1-0).
Os arlequinados impuxéronse pola mínima grazas a un gol de Nacho no primeiro minuto de xogo.
Tras o tanto os de Luis Oliveira apostaron por non cometer erros e esperar a súa oportunidade para sentenciar, sen pasar excesivos apuros para conservar a súa renda.
Os tres puntos achegan un pouco máis o ascenso para o Portonovo, que segue segundo pero que grazas ao empate do Verín amplía a súa renda co terceiro posto a nove puntos cando quedan 18 en xogo.
PORTONOVO SD (1): Iván Parada, Marcos, Gándara, Iván Renda, Agra, Álex Cubas (César, min.89), Pablo Blanco (Manu Sieiro, min.59), Diego, Hugo Soto (Berto, min.90), Nacho, Luis Alberto (Aarón, min.83).
MONDARIZ CF (0): Álvaro, Anxo, Jesús, Iván, David Faro, Telmo (Samuel, min.83), Noel, Jose, Nacho, Víctor (Juan, min.46), ÿscar (Hugo, min.65)
Árbitro: Enríquez Pereiro. Amoestou a Diego e Berto no Portonovo e a Nacho, ÿscar, Jose e Iván no Mondariz.
Gol: 1-0 Nacho (min.1).
Incidencias: Partido disputado no campo de Baltar, Portonovo.