Un gol aos dez minutos de encontro dá a vitoria ao Arosa (0-1) en Vilalba

O Salnés
29 de setembro 2019

O Arosa desprazábase este domingo a Vilalba para disputar un encontro difícil nun campo onde levaba sen gañar 18 anos. Foi Pedro Beda o que rompeu esa seca cun gol no minuto dez de partido

Primeiro partido de liga entre o Arosa e o Polvorín na Lomba
Primeiro partido de liga entre o Arosa e o Polvorín na Lomba /

O Arosa desprazábase este domingo a Vilalba para disputar un encontro difícil nun campo onde levaba sen gañar 18 anos. Foi Pedro Beda o que rompeu esa seca cun gol no minuto dez de partido.

Despois do gol, a primeira parte traduciuse nunha continua posesión para o equipo de Vilagarcía que cedeu unha única oportunidade ao Vilalbés cunha falta ao bordo da área que se foi por encima da portería de Manu Táboas.

Tras o paso polos vestiarios parecía que o conxunto de Lugo empezaba a buscar o gol. Foi cun contrataque aos cinco minutos da segunda metade que novamente se foi fóra.

Co marcador en contra, a presión primaba cada vez máis no equipo local e no minuto 53 de encontro, Javi Varela, que xa tiña unha amarela, cometeu unha falta sobre Jorge Sáez e foi expulsado.

A pesar de contar cun home menos no campo, os de Simón Lamas buscaban o empate e comezaron a presionar sen deixar xogar ao Arosa. Foron os de Lugo os que empezaron a gozar de máis ocasións nesta segunda metade, o que prevía que o empate estaría preto.

Quedaban dez minutos para que o colexiado pitase o final do encontro e o conxunto dirixido por Rafa Sáez estaba pechado en defensa tratando de impedir o gol. Foi entón cando o Vilalbés tivo o empate cunha dobre ocasión na que o segundo balón rexeitouno o pau.

Co partido concluído, Suso Martínez recibiu a súa segunda tarxeta amarela do partido e deixou ao Arosa en igualdade numérica que ao Vilalbés pero o árbitro non tardou en dar o asubío final. Desta maneira, o Arosa leva os tres puntos a Vilagarcía e sumar a súa terceira vitoria da tempada.

Consulta a acta do partido Vilalbés-Arosa nesta ligazón.