O Club Cisne Balonmán certificou este sábado o seu descenso de Liga Asobal despois de caer ante un Barcelona que redondeou a tarde festexando o seu 30 título ligueiro diante da súa afección.
Non existían os nervios, o partido era un mero trámite e unha nova experiencia inesquecible por enfrontarse a un rival dese nivel e infestado de xogadores internacionais. Aínda así, os brancos xogaron como saben e dominaron os instantes iniciais que motraban un parcial de 8-10 aos 13 minutos de xogo.
Parou o tempo Carlos Ortega, que deu descanso a Aleix Gómez, Dika Mem e Ludovic Fàbregas para este enfrontamento, e os seus reaccionaron para voltear o resultado (17-14, min.18), pero os brancos, con Chan e Carlos Álvarez como referencias en ataque e Franzini baixo paus, enviaron o partido ao descanso nun empate a 18.
Despois do paso polos vestiarios o Barça foi o equipo dominador que non ten rival, polo menos en Liga Asobal. Entrou Gonzalo Pérez de Vargas en portería, o seu equipo gañou seguridade atrás con 11 paradas en 24 lanzamentos, e en tarefas ofensivas tamén foron máis contundentes.
Pero non foi ata alcanzado o cuarto de hora cando se alcanzou o punto de inflexión e golpe definitivo. Os pontevedreses sucumbiron #ante o poderío físico barcelonista, que ampliou a renda ao contragolpe para asinar o 41-30 final.
Consulta as estatísticas nesta ligazón