Non atravesa o Peixe o seu mellor momento. Tras unha fantástica tempada e o triunfo da pasada semana, os pontevedreses non gozan da mellor situación na táboa dos play- off. Este sábado encaixaron unha nova derrota, nesta ocasión ante o CB Villarrobledo, que os mantén na parte baixa da clasificación.
Os albaceteños, pola súa banda continúan sendo un dos equipos favoritos para o ascenso ao pelexar co HLA Alacante (que foi derrotado con autoridade polos de Marín) polo primeiro posto.
Comenzou moi igualado o choque. Un primeiro parcial de 23-23 auguraba un partido moi equilibrado. Con todo, esa sensación cambiou ao longo do seguintes dez minutos. Os locais foron notablemente superiores no plano ofensivo, algo que, sumado a inestabilidade defensiva dos marinenses, puxo aos primeiros por diante antes da chegada do descanso (45-36).
O segundo tempo comezou da mesma forma que terminou o primeiro. A superioridade dos de Albacete afundiu aos visitantes cun esmagador parcial de 32-19. A defensa destes últimos facía auga por todas partes, o que facilitou aos do Villarrobledo meterse o partido no peto. Con todo perdido, os de Javi Llorente fixeron todo o que estaba da súa man para recortar distancias. Mais, aínda conseguindo un cuarto cun 21-20 no marcador, non foi suficiente para facerse coa vitoria (98-75).
A próxima semana, os pontevedreses recibirán ao Básquet Xirona, rival directo na clasificación, na Raña, onde tratarán de volver meterse na competición a falta de cinco xornadas para que esta chegue ao seu fin.