Último esforzo da tempada para Teucro e Cisne

Pontevedra
12 de maio 2017

A División de Honra Prata chega ao seu fin este sábado e faio sen nada en xogo para Teucro e Cisne, que buscarán unicamente concluír o curso con bo sabor de boca gañando os seus respectivos encontros

Derbi entre o Cisne e o Teucro no Pavillón Municipal
Derbi entre o Cisne e o Teucro no Pavillón Municipal / Diego Torrado

A División de Honra Prata de balonmán chega ao seu fin este sábado, e faino con Teucro e Cisne cos deberes feitos e sen nada en xogo.

Os azuis, co ascenso no peto, queren despedir ao grande a tempada vencendo no Pavillón Municipal dos Deportes ao Handbol Bordils (sábado, 20:30 horas), nun choque que servirá para celebrar novamente que é equipo de Asobal.

O club pontevedrés arrincará coas celebracións ás 19:00 horas na carpa que se instalará á entrada do Municipal e o fin de festa chegará tras o partido na propia pista do pavillón.

Quique Domínguez, que conta para a cita con todo o plantel á súa disposición salvo o lesionado de longa duración Johnny Medina, quere despedir con bo sabor de boca a tempada cun triunfo que lle permita chegar á cifra redonda de 50 puntos.

Tamén o Cisne loitará por pechar gañando unha notable competición ligueira, aínda que no seu caso a empresa será difícil ao visitar unha das canchas máis complicadas da categoría, a do Balonmano Zamora (sábado, 19:00 horas).

Se os de Jabato xóganse só a honra, os zamoranos aproveitarán a cita para preparar o play-off, no que pelexarán pola segunda praza de ascenso á máxima categoría.