Triunfo vital do Marín Futsal fronte ao Teldeportivo

Marín
14 de decembro 2024
Actualizado: 21:05

O conxunto marinense sumou tres puntos vitais tras derrotar por 2-0 ao pechacancelas Gran Canaria Teldeportivo para así saír momentaneamente da zona vermella da clasificación

Marín Futsal - Teldeportivo
Marín Futsal - Teldeportivo / Cristina Saiz

Importante triunfo o logrado polo Marín Futsal este sábado fronte ao último clasificado, o Gran Canaria Teldeportivo, que lle permite saír momentaneamente da zona de descenso.

O conxunto marinense fíxose moi pronto co dominio do xogo, realizando unha alta presión en campo contrario para impedir que o seu rival avanzase con comodidade.

A primeira ocasión para as locais chegou ao tres minutos de xogo nun tres para un coa gardameta, pero o remate do Marín saíu demasiado mordido. Pouco despois, Café apoiouse en Miriam na zona central, pero o seu chute coa perna esquerda foise polo lateral da portería.

As xogadoras de More estaban moi cómodas sobre a cancha e recuperaban rápido o esférico cando caía en posesión das canarias, que á mínima acción que tiñan topábanse cunha moi atenta Patri Arruti que se encargaba de desbaratar calquera opción.

E a superioridade das da Raña non tardou en verse reflectida no marcador. Saque rápido de banda e gran transición entre Café e Daniela Rodríguez, que rematou a porta baleira para facer o 1-0 cando se alcanzaba o ecuador do primeiro tempo.

A falta de cinco minutos para o final as marinenses cargáronse con cinco faltas e o Teldeportivo aproveitou a situación para dar un paso adiante cunha Paola moi activa en ataque pero que se topaba en todo momento con Patri Arruti.

A segunda parte arrincou da mesma maneira que terminou a primeira. As visitantes, cunha presión alta, ocasionaban serios problemas ao Marín, que se complicaba á hora de saír co balón xogado.

Con todo, a situación pronto cambiou, pero as locais non lograban materializar as oportunidades que tiñan por medio de Café e Carolina Bravo, que buscaban un gol da tranquilidade que non chegaba.

Optou o Teldeportivo polo xogo de cinco nos últimos minutos de partido, pero as marinenses fixéronse grandes en defensa e evitaron calquera opción do rival.

Xa a falta de 30 segundos para a conclusión, Patri Corralaproveitou un erro no cambio de porteira-xogadora para interceptar o esférico, Café cazouno e, a portería baleira, anotou o 2-0 final.

Consulta a acta neste enlace

20241214 Saiz a raña marin futsal gran canaria  012
Marín Futsal - Teldeportivo
20241214 Saiz a raña marin futsal gran canaria  008
20241214 Saiz a raña marin futsal gran canaria  017
20241214 Saiz a raña marin futsal gran canaria  001
20241214 Saiz a raña marin futsal gran canaria  002
20241214 Saiz a raña marin futsal gran canaria  003
20241214 Saiz a raña marin futsal gran canaria  004
20241214 Saiz a raña marin futsal gran canaria  005
20241214 Saiz a raña marin futsal gran canaria  006
20241214 Saiz a raña marin futsal gran canaria  007
20241214 Saiz a raña marin futsal gran canaria  010
20241214 Saiz a raña marin futsal gran canaria  013
20241214 Saiz a raña marin futsal gran canaria  014
20241214 Saiz a raña marin futsal gran canaria  015
20241214 Saiz a raña marin futsal gran canaria  016