O Pontevedra Club de Fútbol é máis líder do grupo 1 de Segunda RFEF despois de superar ao Coruxo cun solitario gol de Samu Mayo no minuto 80.
Non fixeron un partido brillante os granates, pero si o suficiente para levar o tres puntos e pór máis terra polo medio co Numancia, que caeu por 2-1 en casa do Escobedo.
Non renunciou ao seu xogo o Pontevedra e fíxose coa posesión desde o minuto un. Buscaba profundidade polas bandas e tentaba penetrar entre unha defensa verde que estaba moi ben plantada e esperaba en campo propio.
Pero pasaban os minutos e os granates, ademais de non atopar espazos para tirar a portaría, precipitábanse á hora de dar o último pase, o que se traducía en cero disparos e cero ocasiones durante a primeira media hora de xogo.
No minuto 32 Héctor probaba fortuna cun tiro afastado que se foi moi desviado e o Coruxo respondía cunha gran xogada pola esquerda de Naveira. O seu centro cazouno Willy Ibáñez no punto de penalti, pero Edu Sousa cazou o disparo. Dous minutos despois, Dalisson tentábao cunha falta directa que Alberto atrapaba sen problemas.
O partido estaba a piques de alcanzar o descanso e o Pontevedra lanzou a súa última bala. Miguel Cuesta combinou con Brais en banda dereita, centrou ao segundo pau e Dali xutou. Foi a máis clara até o momento, pero Alberto evitou o gol parando cos pés.
Despois do paso polos vestiarios o guion cambiou por completo. A afección granate animouse e, con iso, o xogo do equipo, que deu un paso adiante en busca do 1-0. Primeiro cunha falta ao bordo da área que Dalisson estrelou na barreira e despois cun tiro de Garay que se foi un pouco desviado.
Axitou o banco Yago Iglesias pouco antes de alcanzar a hora de xogo e deu entrada a Álex, Samu e Iago Novo en lugar de Héctor, Rares e Miguel. O sete pasou a ocupar o lateral esquerdo, con Novo por diante, Chiqui cambiouse á banda dereita e Samu, no medio.
Foi a raiz da entrada de Álex e Iago cando o Pontevedra empezou a xerar maior perigo por banda esquerda, pero non atopaba a maneira de abrir o marcador. Tentouno precisamente o 8 cunha dobre ocasión, pero a primeira parouna Alberto e a segunda deu no lateral da rede.
Estaban os granates completamente envorcados en ataque e dispuxeron de dúas faltas ao bordo da área coas que abrir o marcador, pero os disparos de Dalisson e Yelko fóronse demasiado desviados.
Restaban só dez minutos e urxía un gol na parroquia granate que non tardou en chegar. Brais deulla a Rufo, que disparou dentro da área, pero un defensor despexou a acción. Samu Mayo cazou e aloxouno no interior da rede, adiantando aos locais e desatando a tolemia na bancada.
Pero despois do tanto chegaron os problemas para o Pontevedra. O Coruxo, no seu intento de rescatar un punto, puxo contra as cordas á defensa granate cun gran centro de Naveira a Álex Rey, pero Álex González mediu á perfección a xogada para tirarse no momento xusto para desviar a córner.
E até aí chegou a pólvora tanto duns como doutros. Os locais deixaron morrer o encontro co balón parado e os de Vigo, conscientes de que nada podían facer en tan pouco tempo, acabáronse conformando co resultado.
Suma así o Pontevedra tres puntos de ouro para afastarse do seu principal rival polo ascenso, o Numancia, ao que deixa a sete puntos de distancia con 18 máis en xogo.
PONTEVEDRA CF (1): Edu Sousa, Fontán, Igor, Yelko (Xabi Domínguez, min. 83), Chiqui (Rufo, min. 68), Miguel Cuesta (Iago Novo, min. 58), Brais Abelenda, Dalisson, Garay, Rares (Samu, min. 58) e Héctor (Álex, min. 58)
CORUXO FC (0): Alberto, Borja, Andriu (Brais Penela, min. 83) Guido, Willy Ibáñez, Álex Pérez, Serrano (Añón, min. 57), Fer (Álex Rei, min. 57), Naveira, Terranova e Borja (Hugo Rodríguez, min. 73).
Goles: 1-0, Samu Mayo, min. 80.
Árbitro: Alexandre López Vila (Galicia), asistido nas bandas por Rubén Reborido Rodríguez e Sergio Espasandín Cores. Amoestaron a Borja Domínguez (67') no Coruxo.
Incidencias: Partido da xornada 28 de liga na Segunda RFEF disputado no Estadio Municipal de Pasarón ante 2.944 persoas. Ramón Enrique Lores Fernández, abonado número 2 do Pontevedra CF, fixo o saque de honra tras cumprir os 100 anos.

Partido entre Pontevedra CF e Coruxo en Pasarón