A tempada non deixa de deparar boas noticias para o Club Bádminton Ravachol Pontevedra, esta vez da man dunha da súa xogadoras franquía.
Raquel Miguens foi a gran protagonista do Máster celebrado na localidade asturiana de Llanes, proba incluída dentro do circuíto nacional de bádminton.
A deportista do club pontevedrés venceu en Asturias na categoría individual, no dobres feminino xunto á local Tamara Valcárcel e no dobres mixto con Luís Veloso.
Tras este torneo Miguens mira xa cara ao Máster Absoluto que se celebrará proximamente en Valencia.
A actividade completouse para o Ravachol Pontevedra a pasada fin de semana cunha proba do Circuíto Galego Sub-11 qque organizou no Colexio San Narciso de Marín e que resultou un éxito de participación.