Tripla medalla con selo pontevedrés no Campionato de España de Salto Ecuestre

Pontevedra
24 de xuño 2024

O club deportivo ecuestre Pontevedrés X.B., con base no Concello de Ponte Caldelas, tivo unha notable participación no campionato nacional celebrado en Segovia conseguindo unha medalla de prata por equipos e dúas medallas de bronce tamén na disciplina por equipos

Campionato de España de Salto Ecuestre celebrado en Segovia
Campionato de España de Salto Ecuestre celebrado en Segovia / Raúl Gómez Villaverde

Grandes resultados os conseguidos a fin de semana polo club deportivo ecuestre Pontevedrés X.B., con base no Concello de Ponte Caldelas, no Campionato de España de Salto Ecuestre celebrado en Segovia, nas instaciones do Centro Ecuestre de Castela e Léon.

O equipo pontevedrés logrou ata tres medallas na competición nacional, ao sumar unha medalla de prata por equipos e dúas medallas de bronce tamén na disciplina por equipo.

En concreto o xinete moañés Hugo Carro Fervenza, montando a Feeby Landaise, e representando ao equipo da Federación Galega foi medalla de prata na categoría de ponys B unha estrela, mentres que as amazonas Noa Ramos García (O Grove) montando a Quezac du Gevaudan e a pontevedresa Olivia Gómez Seoane montando a Van gogh D’art, conseguiron a medalla de bronce na categoría de ponys C 1 estrela.

Os xinetes e amazonas estaban dirixidos polo adestrador Xabier Blanco Torres.