Tripla fichaxe no Pontevedra co regreso de Javi Rey e as chegadas de Pablo Cacharrón e Samu

Pontevedra
25 de xuño 2021

O director deportivo do Pontevedra, Toni Otero, confirmou este venres os tres primeiros fichaxes do equipo e repasou a situación actual do plantel. Tras a renovación de Churre, trabállase na continuidade doutros dous futbolistas

Javi Rey, no partido entre o Pontevedra CF e o Racing de Ferrol en Pasarón da tempada 19-20
Javi Rey, no partido entre o Pontevedra CF e o Racing de Ferrol en Pasarón da tempada 19-20 / Diego Torrado

O director deportivo do Pontevedra Club de Fútbol, Toni Otero, confirmou este venres nunha rolda de prensa celebrada no Estadio Municipal de  Pasarón as tres primeiras fichaxes do novo proxecto deportivo granate.

A incorporación de maior peso é unha volta a casa. Trátase do centrocampista pontevedrés Javi Rey. Aos seeus 30 anos o canteirán, que abandonou o club tras a campaña 2008-2009 en dirección ao filial do Valencia, regresa ao Pontevedra tras dous cursos no Racing de Ferrol e tras defender as cores do Lugo, Celta B,  Guijuelo, UD  Logroñés, Badajoz e UCAM Murcia.

"Es de casa, va a tirar por el escudo y los colores. Ojalá podamos ser capaces de ver al mejor Javi, el que terminó jugando casi todo en Ferrol. Nos va a dar jerarquía y peso", explicou na súa comparecencia Toni Otero.

O segundo nome é o do porteiro lugués de 24 anos Pablo Cacharrón, que a última tempada defendeu ao Tarazona na Segunda B, tras pasar antes polo Lugo e o Barakaldo. No seu caso ""me parece un portero joven, con mucha ilusión y que puede aportar cosas muy interesantes", sinalou o director deportivo.

Samu e Pablo Cacharrón asinan por dúas tempadas e Javi Rey comprométese por un ano máis outro opcional

Por último aterra en Pasarón o central Samuel Santos ' Samu', procedente do Club Deportivo Choco da Terceira División. A piques de cumprir 21 anos ocupará unha das fichas sub-23. É un "central zurdo, alto y con mucha presencia física y juego aéreo", segundo definiu Otero.

Tanto Samu como Pablo Cacharrón asinan co Pontevedra por dúas tempadas, mentres que Javi Rey comprométese por un ano máis outro opcional.

RENOVACIÓNS

Toni Otero confirmou por outra banda que a renovación de Víctor Vázquez 'Churre' rubricouse por dúas tempadas, mentres que do plantel do último curso "se está negociando con otros dos jugadores". Sen dar os seus nomes, todo apunta a que eses futbolistas son Santi Figueroa e Martín Diz.

O director deportivo defendeu tamén o papel da canteira afirmando que "creo que hay jugadores de mucho nivel y con perspectiva del primer equipo, lo que es una buena noticia para el club", que traballa na confección dun plantel "que intentaremos que sea joven pero con peso para intentar cumplir el objetivo", resolveu.