Tres renovacións máis deixan o plantel do Teucro perfilado para a próxima tempada

Pontevedra
09 de xuño 2023

Martín González, Kiko de Carlos e Sergio Cortizo seguirán defendendo a camiseta teucrista a próxima tempada. Con eles son xa 13 os xogadores confirmados para o proxecto que volverá competir na Primeira Nacional

Martín González (número 14), no partido entre Teucro e OAR Coruña no Pavillón Municipal
Martín González (número 14), no partido entre Teucro e OAR Coruña no Pavillón Municipal / Cristina Saiz

A Sociedad Deportiva Teucro ten xa moi avanzada a planificación deportiva para a próxima tempada, na que competirá en Primeira Nacional.

O club pontevedrés apostou pola continuidade no seu proxecto da man de Irene Vilaboa no banco, e nos últimos días anunciou tres renovacións para un total de 12 no que respecta a o plantel do recentemente finalizado curso.

Ás continuidades súmase ademais a única fichaxe ata a data, a do extremo Daniel Vicente Pintus.

En canto ás renovacións, as últimas ata a data en ser confirmadas foron as do pivote Martín González, Kiko de Carlos e Sergio Cortizo.

Estes tres homes, xunto á fichaxe anunciada, únense aos tamén renovados Rhuan Marchette, Brais Cerviño, Miguel Jiménez Pello, Martín Fernández, Caue Herrera, Sergio Blond, Marko Dzokic, Miguel Monteagudo e Xurxo Rivas, o que deixa xa pouca marxe para as novidades aínda que se espera algunha incoporación que complete o proxecto e poida colaborar no paso adiante a nivel de rendemento que se espera desde o vicedeno de fronte ao próximo curso.