O novo plantel do Marín Futsal para a nova tempada na elite do futbol sala nacional comeza a tomar forma. O club fixo oficial a incorporación de Ana Cunha, Patricia Arruti e Daniela Rodríguez.
Procedente do Melilla, onde realizou unha notable tempada, a peche brasileira Ana Cunha será un dos grandes nomes do novo proxecto marinense, ao que achegará fortaleza defensiva, saída de balón e capacidade anotadora.
A súa chegada vén acompañada das altas da exporteira do Alcorcón Patricia Arruti e da prometedora atacante Daniela Rodríguez, que vivirá na Raña a súa primeira experiencia no fútbol sala profesional.
A estas tres incorporacións, únense a continuidade de xogadoras como María Estévez, Adriana García, Inés Mayán ou Café. Así mesmo, xogadoras das categorías inferiores como Uxía Troncoso, Aitana Lago ou María Domínguez completarán a pretemporada co primeiro equipo.