Gefate acolleu a fin de semana os Campionatos de España de Atletismo Campo a través, na que non faltou representación pontevedresa.
Tres atletas da Sociedad Gimnástica foron protagonistas de feito coa Selección Galega na carreira sub-18 feminina, logrando o ouro por equipos.
Trátase de Sabela Martínez, María Estévez e Paula Fernández, que coas súas actuacións contribuíron a que Galicia sumase os puntos necesarios para subir ao alto do podio nacional.
Paula foi a mellor das pontevedresas ao completar vos 4.820 metros de percorrido na sétima posición, Sabela ocupou o posto 12 e María Estévez a 18.
A vencedora a nivel individual foi a vasca Laia Cariñanos, con prata e bronce galegos por medio das irmás Debris e Demeku Paniagua.
O podio por equipos sub-18 feminino completárono Madrid e Andalucía, na segunda e terceira posición respectivamente.
No campionato nacional tamén tomaron a saída Carmen Victoria González, en categoría sub23 (23ª), e Alejandro Santos (22º).
Ademais Paula de la Torre e Pedro Osorio foron décimos na remuda mixta.