Tranquilidade e necesidade enfrontan na Seca a Poio FS e Soto del Real

Poio
28 de marzo 2014

O Poio recibe a visita do VP Soto del Real (sábado, 18:30 horas) na Seca, coa intención de sumar tres novos puntos que lle permitan dar un paso máis cara á salvación matemática, cada día máis próxima, mentres o conxunto madrileño necesita vencer para escapar da zona de descenso, da que lle separa un só punto

Gañar con dous obxectivos ben distintos. O Poio recibe a visita do VP Soto del Real (sábado, 18:30 horas) na Seca, coa intención de sumar tres novos puntos que lle permitan dar un paso máis cara á salvación matemática, cada día máis próxima, mentres o conxunto madrileño necesita vencer para escapar da zona de descenso, da que lle separa un só punto.

As visitantes, que como fixera o Poio a semana pasada realizarán o desprazamento no mesmo día do partido, esperan repetir o conseguido no partido da primeira volta, na súa cancha, cando conseguiron romper a xeira negativa que levaban de cinco derrotas consecutivas, vencendo o Poio (5-2) nunha mala tarde das "rojillas".

Pero as de Marcio Santos terán a lección aprendida e quererán tomar cumprido desquite, máis cando son conscientes de que unha nova vitoria, tras a badalada protagonizada a pasada semana, vencendo na pista do Alcorcón, lles situaría por enriba da cifra de 30 puntos que se considera deberían ser suficientes para non ter risco de descenso.

O técnico brasileiro do Poio non quere confianzas: "Va a ser un partido difícil. Ellas se juegan mucho, pero nosotros no podemos permitir que se escapen puntos de nuestra casa. Aunque pueda parecer que somos favoritos, ya ha habido muchos ejemplos de que partidos así terminan complicándose, por lo que tendremos que salir con toda la concentración posible para evitar riesgos".

Con todas as xogadoras dispoñibles, a convocatoria do equipo intégrana: Silvia, Carmen, Mar, Tania, Paloma, Yoly, Charo, Claudia, Ceci, Peke, Kiko e Elena.