Traballado triunfo do Arosa na Lomba contra o Celta C-Gran Peña (2-1)

O Salnés
20 de novembro 2022

O Arosa regresou esta fin de semana á competición despois do parón pola Copa do Rei para enfrontarse na Lomba ante o Celta C-Gran Peña. O equipo adestrado por Luisito fixo un bo partido que lle valeu para sumar tres puntos máis e seguir na parte alta da clasificación

Partido entre Arosa e Celta C-Gran Peña
Partido entre Arosa e Celta C-Gran Peña / Arosa SC

O Arosa regresou esta fin de semana á competición despois do parón pola Copa do Rei para enfrontarse na Lomba ante o Celta C-Gran Peña.

O equipo adestrado por Luisito fixo un bo partido que lle valeu para sumar tres puntos máis e seguir na parte alta da clasificación.

Tras unha primeira parte igualada na que o marcador non se moveu, chegaron os goles. E foi nada máis saír dos vestiarios tras o descanso, sen deixar tempo aos afeccionados para sentar nos seus asentos e gozar do trepidante inicio da segunda parte.

Anotou no minuto 46 Borja Míguez para adiantar ao cadro local e respondeu o minuto o filial celeste cun tanto de Dela, devolvendo a igualdade nun visto e non visto.

Tentaron ambos os conxuntos pelexar pola vitoria e calquera puido levarlla, aínda que foi o Arosa máis eficaz para portería anotando por mediación de Iñaki Martínez o definitivo 2-1.

Tres puntos moi traballados para o Arousa que dedicou este triunfo á secretaria do club, Carmen Consuelo Álvarez, que faleceu esta semana.