O Círculo Cultural Deportivo (CCD) Sanxenxo decidiu mover de data o seu torneo estrela, o Internaciuonal Júnior J300, de Grao 1, e polo que pasaron ao longo dos anos grandes nomes do panorama tenístico mundial.
A partir de 2025 esta competición, un dos dous torneos júnior do máximo nivel da ITF que se celebra en España, pasará a xogarse no mes de setembro en lugar de outubro, onde viña estando fixado no calendario.
Faino en busca dunha mellor climatoloxía, tras varias edicións nas que a auga e o frío fixeron acto de presenza complicando e moito a súa organización.
Así o confirmou o presidente da Cultural, Paco Hernández, nun almorzo informativo no que estivo acompalñado polo secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete.
O CCD Sanxenxo asegura mantén expectativas altas de face á nova tempada, ratificando os eventos celebrados este ano como o Futures, que incrementa o seu caché en 5.000 dólares converténdose nun M20.
Ademais el ITF Masters de Veteranos está previsto para a finais de setembro e o Torneo Internacional Cadete, no mes de outubro.
Como novidade este ano se organizará tamén un torneo de pádel para os migrantes malianos albergados desde mediados de setembro no municipio.
Un calendario de actividada que converte á Cultural en "unha das entidades privadas que máis aposta polo deporte da raqueta en Galicia", destacou Lete Lasa.