Tono Campos e Diego Romero, bronce europeo na final do C2

Pontevedra
28 de xullo 2024

Ás 8:50 da mañá, a pista de Poznan, en Polonia, foi testemuña da desafiante carreira de C2 senior no Campionato de Europa de maratón. Baixo unhas condicións climatolóxicas adversas, con vento e choiva, os padeeiros españois Tono Campos e Diego Romero, así como os representantes do Club As Torres, Fernando Busto e Diego Miguéns, enfrontáronse a unha complicada regata  

Tono Campos e Diego Romero, no podio do europeo de Poznan
Tono Campos e Diego Romero, no podio do europeo de Poznan / Federación Galega de Piragüismo

Ás 8:50 da mañá, a pista de Poznan, en Polonia, foi testemuña da desafiante carreira de C2 senior no Campionato de Europa de maratón. Baixo unhas condicións climatolóxicas adversas, con vento e choiva, os padeeiros españois Tono Campos e Diego Romero, así como os representantes do Club As Torres, Fernando Busto e Diego Miguens, enfrontáronse a unha complicada regata.

Desde o principio, a parella polaca formada por Mateusz Borgiel e Mateusz Zuchora, defensores do título europeo, demostrou a súa supremacía na auga. Apenas seguidos de preto polos portugueses Rui Lacerda e Ricardo Coelho, os polacos mantivéronse nos postos de cabeza durante toda a competición.

Mentres tanto, as embarcacións españolas loitaban pola medalla de bronce. Fernando Busto e Diego Miguens mantíñanse en terceiro lugar ata a última volta. Foi entón cando Tono Campos e Diego Romero, mostrando por que son os actuais campións do mundo, lograron alcanzar aos seus compatriotas e asegurar unha merecida medalla de bronce.

Con este logro, Tono Campos suma a súa medalla internacional número 41.

A xornada continuou coa última carreira do día, o K2 senior, onde Joaquín Iglesias e Miguel Fernández presentáronse como remuda de última hora debido á lesión de Iván Alonso. A pesar da falta de adestramentos conxuntos demostraron o seu potencial e obtiveron un cuarto posto. A outra parella española, formada por Miguel Lloréns e Daniel Praza, alzouse co bronce.