O Club de Tenis Pontevedra pechou a fin de semana a XXVIII edición do Open Ciudad de Pontevedra Lourdes Domínguez, coa disputa da gran final nas instalacións da Caeira.
No partido polo título, o vencedor foi o vigués Tomás Currás, número uno do ranking autonómico.
Currás impúxose ao local Iago Domínguez nun competido encontro a tres mangas, cun resultado final de 6-1, 4-6 e 6-2.
Con este triunfo Tomás Currás revalida o título que xa logrou no mesmo torneo o pasado ano.
O Open Ciudad de Pontevedra Lourdes Domínguez, consolidado como un dos principais torneos do calendario autonómico, contou con algunhas das principais raquetas do panorama galego.