O Estadio Municipal de Pasarón colgará o cartel de 'non hai billetes' para ver en directo á Selección Española Absoluta Feminina no partido da UEFA Women's Nations League que disputarán fronte a Italia.
En apenas 15 minutos de venda ao público o portal de venda de entradas da Real Federación Española de Fútbol non contaba xa con localidades dispoñibles.
Unha auténtica tolemia que deixou a moitos afeccionados sen billete e provocou queixas pola situación.
Hai que destacar neste aspecto que parte do aforo do estadio pontevedrés estaba xa comprometido cos packs de entradas ofrecidas aos clubs galegos, ademais de para patrocinadores.
"Sodes moi grandes Pontevedra", afirmaba a Real Federación Española de Fútbol a través da conta oficial da Selección ao confirmar o 'sold out'.
¡No habéis tardado ni una hora en haceros con todas las entradas disponibles para el partido contra Italia en Pasarón!
— Selección Española Femenina de Fútbol (@SEFutbolFem) November 23, 2023
#JugarLucharYGanar | #UWNLpic.twitter.com/NEiAeNuecV
O partido entre España e Italia disputarase o vindeiro venres 1 de decembro ás 21.30 horas.