Tokyo 2020, no horizonte dos deportistas beneficiarios do Plan Social de Ence

Pontevedra
13 de xuño 2017

O terceiro acto de entrega das axudas aprobadas polo Plan Social da compañía fixo parada no deporte, coa contribución a 27 deportitas que loitarán por estar presentes nos próximos Xogos entre os que se atopan, por exemplo, os xa olímpicos Jean Marie Okutu ou Fernando Echávarri

Entrega de axudas a deportistas dentro do Plan Social Ence (arquivo)
Entrega de axudas a deportistas dentro do Plan Social Ence (arquivo) / Mónica Patxot

O terceiro acto de entrega das axudas aprobadas polo Plan Social da compañía fixo este martes parada no deporte, coa contribución a deportitas que loitarán por estar presentes nos próximos Xogos Olímpicos de Tokyo 2020.

En concreto entregáronse axudas a 27 proxectos deportivos, entre os que se atopan os dos deportistas con experiencia en citas olímpicas como o atleta Jean Marie Okutu ou o regatista Fernando Echávarri, ouro en Pequín 2008. Tamén outros que estiveron preto de selo en Río de Janeiro como a biker Lucía Vázquez.

Promesas do mundo do ciclismo como Irene Trabazo, ou da vela como os regatistas Pablo García e Andrés Vázquez, tamén estaban entre os receptores das axudas.

O plan de apoio tamén inclúe a deportistas de modalidades non olímpicas pero cunha destacada traxectoria.

Entre os baremos para otrogar as axudas tívose en conta as modalidades nas que é necesario viaxar fóra, a nivel nacional e internacional, como parte da súa preparación.

O Plan Social de Ence adica na súa primeira convocatoria 800.000 euros ao mundo do deporte, dos que só unha parte corresponden aos deportistas que acudiron este martes ás instalacións da fábrica en Lourizán.