Todo listo na Raña para unha nova cita coa ximnasia acrobática

Marín
28 de abril 2017

O pavillón marinense será escenario durante este sábado 29 de abril do Campionato Galego de Ximnasia Acrobática

Presentación do Campionato Galego de Ximnasia Acrobática
Presentación do Campionato Galego de Ximnasia Acrobática / Concello de Marín

Marín reforza a súa aposta pola ximnasia acrobática, e tras a celebración na vila de eventos de nivel como a Copa de España ou a Copa de Galicia Internacional, vivirá unha nova cita con este deporte.

O Pavillón Municipal da Raña será escenario este sábado 29 de abril do Campionato Galego da especialidade, baixo a organización do Club Ximnasia Vila de Marín.

Os cinco mellores clubs de Galicia (Club Ximnasia Pontevedra, Club Treboada, Club Flic Flac, Club Escola Burgas e CD Ximnasia Rítmica Compostela), se enfrantarán desde as 9:30 horas nunha xornada que se prolongará ata as 20:00 horas da tarde.

Os deportistas afrontarán diferentes modalidades (combinado, dinámico e equilibrio) que prometen facer as delicias do público que se achegue ao pavillón marinense.

O evento foi presentado no Colexio San Narciso coa presenza do concelleiro de Deportes, Antonio Traba, o presidente do Ximnasia Vila de Marín, Francesc Casanovas, o secretario do club, Miguel Ángel Villaverde, e o xerente do colexio, Diego Rosales.