Cada vez que poden volven a Vigo, onde pasaron a súa infancia mentres o seu pai xogaba no Celta e despois de que se retirase. Por iso, en plenas vacacións, estrearon este martes un campus de fútbol que ten como sede de adestramentos o campo de Chan da Barcia.
Thiago e Rafinha Alcántara, xogadores de Bayern de Munich e Fútbol Club Barcelona, xunto ao seu pai o ex-futbolista Mazinho, deixáronse ver este martes por Ponte Caldelas na primeira xornada do seu campus.
Un total de 60 nenos chegados desde diferentes puntos de España participan durante toda a semana no campus, con adestramentos matinais cada día en Chan da Barcia e actividades de tarde en Fornelos.
Tamén poderán gozar da experiencia e consellos destes dous futbolistas internacionais os xogadores da Escola Deportiva Municipal dirixida pola SCD Ponte Caldelas, que este mércores protagonizarán unha xornada de convivencia cos seus ídolos.
Xunto a Mazinho, Rafinha e Thiago Alcántara fotografáronse tamén o alcalde, Andrés Díaz, e os concelleiros José Manuel Martínez e Manuel Barreiro, quenes aproveitaron para agradecer a elección de Ponte Caldelas como sede do seu campus futbolístico.