Foron moitos anos de duro traballo e sacrificio que desembocaron nunha recompensa maiúscula. Por iso Teresa Portela recoñecía estar "feliz" nada máis baixarse da embarcación tras conseguir unha incrible medalla de prata no K-1 200 dos Xogos Olímpicos de Tokyo.
A padexeira pontevedresa aseguraba sentirse así "porque quien la sigue la consigue", explicou en declaracións ao Comité Olímpico Español.
"Llevo muchos años intentando luchar por esta medalla. Esta prueba es tan tan difícil, nos mueven milésimas que nos separan y finalmente lo he conseguido", sinalou aínda sen crerllo demasiado.
Aos seus 39 anos e tras unha longa colección de medallas internacionais, con 5 preseas en campionatos do Mundo e ata 17 en Europeos, Teresa Portela ten por fin o metal que tanto ansiaba, o que culmina unha carreira deportiva de lenda.
Las primeras declaraciones de la leyenda. Las primeras declaraciones de la SUBCAMPEONA OLÍMPICA.
— Comité Olímpico Español (@COE_es) August 3, 2021
Teresa Portela (@teriportela), gracias por este día. Gracias por esta medalla. Gracias por ser referente.#ElCorazónDeEspaña#Tokyo2020@RFEPiraguismopic.twitter.com/SHIz5QQYRd