Este venres, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, ofreceu unha recepción no Concello ás deportistas Teresa Portela, Antía Jácome, Antía Chamosa e Carolina García, quen regresaron recentemente da súa participación nos Xogos Olímpicos de París 2024.
Durante o recibimento, Fernández Lores expresou o orgullo da cidade polo logro destas deportistas e de todos aqueles que representaron a Pontevedra nos Xogos. "Estamos orgullosos de elas e de todos os que participaron", afirmou o alcalde, subliñando a dificultade e o mérito que supón clasificarse. "É unha cousa complicadísima e supón un éxito espectacular. Para Pontevedra é un orgullo e queremos presumir de deportistas internacionais desta categoría", engadiu.
Pola súa banda, Teresa Portela, agradeceu o recibimento por parte do Concello e admitiu que "llegar a unos Juegos es muy complicado, antes hay que pasar muchas cribas a nivel nacional, llegar a un campeonato del mundo y conseguir la plaza para ir. Este es un reconocimiento que siempre se agradece", comentou Portela.
A tamén piragüista Antía Jácome compartiu a que foi a súa experiencia nos que foron os seus segundos Xogos Olímpicos, comparando a vivencia coa de Tokio. "Estos fueron increíbles a nivel de poder estar viviendo tu sueño con la familia, la grada llena de gente dejándose la voz porque tú consigas un buen resultado. No estuvimos mucho en la villa olímpica, pero se notó la diferencia en sentirnos muy arropados con el cariño de nuestra gente. Para mí fue otra experiencia maravillosa", relatou Jácome.
Pola súa banda a marchadora Antía Chamosa describiu o seu debut olímpico como unha experiencia "moi bonita e emocionante", aínda que confesou que quedou a espinita de poder competir. "Ao final, a marcha é a miña segunda familia. Eu estaba ao vivir como unha nena pequena. Foi moi bonito", explicou.
Finalmente, Carolina García, outra das piragüistas recibidas polo Concello, agradeceu o apoio do público e dos medios de comunicación, que conseguen que " nuestro deporte se vea. Ojalá fuese así siempre".
Miguel Anxo Fernández Lores tamén destacou o papel nos Xogos Olímpicos de Pablo Crespo e Tere Abelleira, que non puideron acudir á recepción.
Durante o recibimento, Portela, Jácome, Chamosa e García asinaron o Libro de Honra do Concello de Pontevedra.