Tere Abelleira revisa a súa vida de "Campioa" na presentación do libro no Teatro Principal

Pontevedra
30 de decembro 2023

A futbolista pontevedresa, campioa do mundo coa selección española de fútbol, mantivo unha conversa coa xornalista Nieves Amil no acto celebrado este sábado onde se presentaba o libro encargado pola concellería de Deportes a Lela edicións para que forme parte dunha colección onde se recollen biografías de destacadas mulleres galegas

Presentación do libro «Campioa», biografía de Tere Abelleira
Presentación do libro «Campioa», biografía de Tere Abelleira

Tere Abelleira realizaba este sábado 30 de decembro un repaso á súa traxectoria persoal e futbolística nun acto celebrado no Teatro Principal de Pontevedra.

A futbolista pontevedresa, campioa do mundo de fútbol coa selección española, mantiña unha charla coa xornalista Nieves Amil nun acto en que se presentaba o libro 'Campioa', un encargo da concellería de Deportes, que dirixe Anabel Gulías, a Lela edicións, dentro dunha colección de biografías de mulleres galegas destacadas.

As persoas asistentes recibiron o libro de agasallo no que se relata unha pequena biografía da campioa do mundo.

Ao acto asistía o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, quen destacaba a figura da actual xogadora do Real Madrid. O rexedor e a futbolista serán tamén protagonistas este domingo 31 ao ser os encargados de dar a saída á carreira popular de San Silvestre na avenida de Bos Aires.

A publicación de 'Campioa' ofrece ilustracións de Tania Solla e a biografía está elaborada por Polo Correo do Vento.