Tere Abelleira non falla na convocatoria de España para o seu partido en Pasarón

Pontevedra
21 de novembro 2023

A seleccionadora nacional, Montse Tomé, deu este martes a convocatoria oficial de España para a quinta e sexta xornada da UEFA Women's Nations League, que inclúe un enfrontamento contra Italia en Estadio Municipal de Pasarón. Na lista de 25 está unha vez máis a pontevedresa Tere Abelleira

Tere Abelleira, na semifinal do Mundial entre España e Suecia
Tere Abelleira, na semifinal do Mundial entre España e Suecia

A Selección Española de Fútbol deu a coñecer o nome das 25 futbolistas que representarán ao equipo nacional na quinta e sexta xornada da UEFA Women's Nations League, incluíndo o partido contra Italia que se xogará no Estadio Municipal de Pasarón de Pontevedra.

Na lista non falta a pontevedresa Tere Abelleira, que estará no que seguro será un dos partidos máis especiais da súa carreira, o España e Italia que se xogará o vindeiro venres 1 de decembro (21.30 horas) na súa cidade. Tampouco as dúas balóns de ouro Alexia Putellas e Aitana Bonmatí.

Ademais do partido fronte a Italia en Pasarón, as campioas do mundo xogarán o día 5 de decembro fronte a Suecia no estadio da Rosaleda, en Málaga.

A concentración arrincará o vindeiro luns, 27 de novembro, na Cidade do Fútbol de Las Rozas.

Esta é a convocatoria completa de 25 futbolistas que xogarán con España no Estadio Municipal de Pasarón:

  • Porteiras: Cata Coll, Misa Rodríguez, Enith Salon.
  • Defensas: Olga Carmona, Laia Alexandri, Ivana Andrés, Irene Paredes, Laia Codina, María Méndez, Ona Batlle, Oihane Hernández.
  • Centrocampistas: Alexia Putellas, Jenni Hermoso, Fianma Benítez, Tere Abelleira, María Pérez, Aitana Bonmatí, Maite Oroz.
  • Dianteiras: Mariona Caldentey, Lucía García, Salma Paralluelo, Esther González, Inma Gabarro, Athenea del Castilla, Eva Navarro.