A Selección Española Absoluta Feminina de Fútbol está de volta en Galicia, tras o encontro do pasado mes de decembro en Pasarón, e nada máis aterrar na Coruña todas as miradas centráronse na pontevedresa Teresa Abelleira.
A centrocampista do Real Madrid foi a protagonista este luns xunto á seleccionadora nacional da rolda de prensa previa ao partido que disputará España o martes día 16 (19.00 horas) fronte a Bélxica no estadio coruñés de Riazor. Trátase do último choque da fase de clasificación para o Europeo de Suíza, para o que a Selección sacou billete precisamente en Pontevedra, e ademais do último encontro que disputarán antes dos Xogos Olímpicos, que arrincan xa en poucos días en París.
Por iso, tras a derrota sufrida no último compromiso na República Checa (2-1), Tere asegurou que "temos xa ganas de volver competir e sacar a espiña do outro dia, ir con mellores sensacións aos Xogos Olímpicos que é o realmente importante este verán".
Tenemos ganas de volver a competir e irnos con buenas sensaciones de cara a los Juegos Olímpicos
— Selección Española Femenina de Fútbol (@SEFutbolFem) July 15, 2024
@teresabelleira, internacional con la @SEFutbolFem#WEURO2025 I #JugarLucharYGanarpic.twitter.com/KH3MRPBRQG
A pontevedresa recoñeceu que perder o último encontro "é verdade que foi un pau pero sempre nolo tomamos como unha oportunidade de mellorar, de corrixir erros, somos as mesmas xogadoras antes e despois do partido. Cando hai unha derrota non somos tan malas de súpeto nin por levar unha estrela no peito somos tan boas. A confianza está intacta e con máis ganas aínda de solucionar os erros que tivemos".
Abelleira centrou ademais a atención na Coruña polo seu pasado como futbolista do RC Deportivo. "Cando entrei pola porta do estadio viñéronme moi bos recordos. Sempre digo que os meus catro anos na Coruña foron incribles, é unha sorte levar a camiseta do Depor. Vir aquí a xogar coa Selección Española é unha alegría inmensa", revelou.
"Este ano tiven sorte, tanto en Pontevedra como estar aquí na Coruña. Xogar na casa despois de tanto tempo é unha alegría", defendeu Tere a preguntas dos medios de comunicación lembrando que "aquí foi cando por primeira vez sentín profesional e fixéronme profesional. Cheguei moi pequena con 16 anos e cando me fun tras debutar en Primeira División era outra xogadora, máis madura. Déronme moita confianza aquí e apoiáronme unha chea".
Cuando entré por la puerta del estadio, me vinieron muy buenos recuerdos. Venir aquí con la Selección Española es una alegría inmensa
— Selección Española Femenina de Fútbol (@SEFutbolFem) July 15, 2024
@teresabelleira, internacional con la @SEFutbolFem#WEURO2025 I #JugarLucharYGanarpic.twitter.com/IBdPRQAK9k