Tere Abelleira, convocada con España para os amigables ante República de Corea e Francia

Pontevedra
19 de novembro 2024

A futbolista pontevedresa suma unha nova convocatoria internacional coa Selección Española Absoluta, tras ser incluída na lista de 24 xogadoras para un dobre encontro amigable

Tere Abelleira, no partido de cuartos de final dos Xogos Olímpicos ante Colombia
Tere Abelleira, no partido de cuartos de final dos Xogos Olímpicos ante Colombia / Real Federación Española de Fútbol

Nova convocatoria internacional para Tere Abelleira coa Selección Española Absoluta.

A futbolista pontevedresa é unha das 24 escollidas pola seleccionadora Montse Tomé para afrontar un dobre encontro amigable.

En concreto nesta cita internacional España ten previsto enfrontarse ás seleccións de República de Corea e Francia.

A concentración, última prevista este ano 2024, arrincará o vindeiro luns 25 de novembro na Cidade do Fútbol de Las Rozas.

Desde alí o equipo nacional viaxará a Cartaxena, onde se medirán a Corea o venres 29 de novembro ás 19.00 horas, no Estadio Cartagonova.

O segundo encontro será un exixente test fronte a Francia, na localidade gala de Niza, o martes 3 de decembro.

Dáse a circunstancia de que este partido foi a final da UEFA Women's Nations League o pasado mes de febreiro, con vitoria española.

Será un dobre duelo de preparación previo á defensa precisamente da coroa da Nations League, que comezará no mes de febreiro coas dúas primeiras xornadas do torneo continental.