Terceiro regreso á disciplina do Cisne: Toño Lafuente volve ao club tras un ano no Chapela

Pontevedra
02 de xullo 2014

Novo regreso á disciplina do Cisne. Despois de oficializar a volta de Pablo Galán e Pablo Vidal, dous xogadores que xa defenderan as cores do equipo pontevedrés hai anos, a directiva do club pechou a incorporación doutro vello coñecido do equipo. Trátase do porteiro Toño Lafuente, co que se chegou a un acordo nas últimas horas

Toño Lafuente
Toño Lafuente

Novo regreso á disciplina do Cisne. Despois de oficializar a volta de Pablo Galán e Pablo Vidal, dous xogadores que xa defenderan as cores do equipo pontevedrés hai anos, a directiva do club pechou a incorporación doutro vello coñecido do equipo. Trátase do porteiro Toño Lafuente, co que se chegou a un acordo nas últimas horas.

Toño Lafuente, de 34 anos, volve ao Club Cisne Balonmán despois de xogar a tempada pasada en División de Honra Prata co Balonmán Chapela. Foi para el "unha magnífica experiencia en todos os sentidos", segundo asegurou o propio xogador a través da páxina web do conxunto pontevedrés.

Con quince anos de experiencia nas filas do Cisne, Toño Lafuente defenderá a portaría do equipo pontevedrés xunto con Pablo Galán, outro dos xogadores que volven ao club tras unha tempada afastado do pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.