O Cisne completa a súa portería coa renovación por unha tempada máis do gardameta canario Abián Rodríguez.
O gardameta cumprirá a próxima campaña tres cursos baixo a disciplina cisneísta, aínda que nos dous anos anteriores apenas tivo protagonismo no primeiro equipo branco.
Esta nova tempada, Rodríguez compartirá arco con Franzini, que tamén renovou este verán a súa vinculación co Cisne e competirán por un posto nas aliñacións de Jabato.
RENOVACIÓN | El guardameta Abián Rodríguez renueva una temporada más. El portero canario seguirá dando pasos en el club tras su llegada en el 2021. pic.twitter.com/u7f8w6JCmq
— Club Cisne Balonmano (@ClubCisneBalonm) July 17, 2023
"Faime moita ilusión anunciar a miña renovación co Cisne, agradezo á directiva, afección amigos e familia", compartiu no clásico vídeo que difunde o club a través das súas redes sociais para comunicar as renovacións dos seus xogadores.
"Convido a todos a acudir a tempada que vén ao Municipal para gozar dunhas xornadas de balonmán moi interesantes", concluíu.