Terceira derrota consecutiva do Waterpolo Pontevedra (8-13)

Pontevedra
03 de febreiro 2024

O final da primeira fase de Primeira División Nacional Feminina non está a ir da mellor maneira para o Club Waterpolo Pontevedra, que acumula a súa terceira derrota consecutiva a falta dunha xornada para a súa conclusión e xogará a segunda fase no grupo pola permanencia  

Partido Primeira Nacional entre Waterpolo Pontevedra e CD Waterpolo Iruña 9802
Partido Primeira Nacional entre Waterpolo Pontevedra e CD Waterpolo Iruña 9802 /

O final da primeira fase de Primeira División Nacional Feminina non está a ir da mellor maneira para o Club Waterpolo Pontevedra, que acumula a súa terceira derrota consecutiva a falta dunha xornada para a súa conclusión e xogará a segunda fase no grupo pola permanencia.

En canto ao encontro deste sábado na Escola Naval de Marín, estivo disputado no primeiro cuarto, onde reinou a máxima igualdade (3-3), pero tras o parón o equipo pontevedrés desinflouse e o CN Vallirana tomou a dianteira (4-6).

Despois do paso polos vestiarios, o Waterpolo Pontevedra tentou seguir o ritmo ao seu rival, pero o marcador seguiu disparándose con cada ataque do equipo catalán, imparable en cada chegada a portería, que sentenciou finalmente por 8-13.

Consulta as estatísticas nesta ligazón