Támara Echegoyen, elixida como abandeirada de España para os Xogos Olímpicos de París

Pontevedra
26 de xuño 2024

A deportista pontevedresa compartirá esta honra co piragüista Marcus Cooper Walz, tal e como confirmou este mércores o Comité Olímpico Español (COE)

Támara Echegoyen e Marcus Cooper Walz, abandeirados de España en París 2024
Támara Echegoyen e Marcus Cooper Walz, abandeirados de España en París 2024 / Comité Olímpico Español

O oficial. Támara Echegoyen será a deportista que portará a bandeira de España no desfile inaugural dos Xogos Olímpicos de París 2024.

A regatista pontevedresa compartirá esta honra co piragüista Marcus Cooper Walz, segundo desvelou este mércores o Comité Olímpico Español (COE).

Támara collerá a testemuña de David Cal, único deportista pontevedrés que foi abandeirado olímpico (Pequín 2008).

Aínda que o habitual no COE é rexerse polo palmarés dos deportistas en citas olímpicas anteriores para elixir os abandeirados, neste caso os calendarios de competición facían imposible participar na inauguración á deportista nacional con máis medallas nos Xogos, a piragüista Maialen Chourraut (un ouro, unha prata e un bronce) pero que compite a mañá do 27 de xullo, só unhas horas despois do desfile polo río Sena.

No caso de Echegoyen, afrontará en París os seus cuartos Xogos Olímpicos, sempre pelexando polos postos de honra. Logrou o ouro no 'match race' de vela en Londres 2012, e foi cuarta no 49er FX tanto en Río 2016 como en Tokyo 2020.

"Creo que calquera deportista sente afortunado de recibir esta honra", recoñeceu Támara nas súas primeiras declaracións como abandeirada difundidas polo propio COE.