Só queda unha xornada de competición, a definitiva Medal Race, e alí Támara Echegoyen e Berta Betanzos xogarán todo a unha carta.
O equipo español na clase 49er FX de vela chega como líder á regata que define as medallas, unha situación que asinaban antes de comezar, pero fano inmersa nunha dura pugna con outras tres embarcacións.
Entre os catro primeiros clasificados hai só un punto de diferenza, polo que a tripulación que gañe a Medal Race levará o ouro olímpico. Eses catro equipos xogarase o podio, xa que o quinto non ten opcións matemáticas.
No cuarto día de clasificatorias, na que chegaban na primeira praza, Támara e Berta asinaron un quinto, un décimo e dous primeiros primeiros postos parciais, o que deixa un triplo empate na cabeza coas brasileiras Martine Grale e Kahena Kunze e as danesas Jena Hanse e Katka Steen Salskov-Iversen. Un punto por detrás delas están as neozelandesas Alex Maloney e Molly Meech.
"Nós sairemos como sempre a por todas, a gañar a Medal. Ademais creo que podemos", sinalou Echegoyen á Federación Española de Vela, confiada das súas posibilidades para lograr a que sería a súa segunda medalla olímpica.