Támara Echegoyen: "Dimos todo lo que pudimos y me voy a casa contenta"

Cerdedo-Cotobade
19 de agosto 2016

A regatista pontevedresa, a pesar da depepción do primeiro momento por terminar en cuarto lugar, valora positivamente o diploma olímpico conseguido en Río. "Conseguir una medalla es muy complicado y en la vela mucho más", recoñeceu en delacaraciones á Real Federación Española de Vela

Támara Echegoyen e Berta Betanzos durante os Xogos Olímpicos de Río
Támara Echegoyen e Berta Betanzos durante os Xogos Olímpicos de Río

Co paso das horas, a decepción inicial tras cruzar a liña de meta da Medal Race e caer á cuarta posición da xeral, vai deixando paso á satisfacción polo traballo ben feito.

Támara Echegoyen asegura sentirse "orgullosa" do equipo de 49er Fx formado coa cántabra Berta Betanzos, e que quedou a un paso da medalla olímpica tras permanecer no podio durante grande parte da competición.

"Berta y yo dimos todo lo que pudimos y me voy a casa contenta por haber luchado hasta el último metro, que no muchos lo pueden decir", recoñeceu a regatista pontevedresa despois da competición en Río de Janeiro en declaracións á Real Federación Española de Vela.

Támara Echegoyen: "Conseguir una medalla es muy complicado y en la vela mucho más"

O diploma é unha recompensa ao traballo dos últimos anos, porque "conseguir una medalla es muy complicado y en la vela mucho más", sinalou.

Pola súa banda, a súa compañeira no 49er Fx, Berta Betanzos, explicou con respecto á definitiva Medal Race, na que concluíron sétimas, que "sabíamos que el campo de regatas era variable y que iban a existir oportunidades, las hemos buscado aunque en un momento decidimos un lado y al final no ha podido ser".

Echegoyen e Betanzos danse agora un tempo para descansar e reflexionar sobre o seu futuro antes de decidir se o volverán a tentar en Tokyo 2020.