Cada vez queda menos para afrontar a gran cita do deporte internacional do ano, uns Xogos Olímpicos nos que Támara Echegoyen volverá ser unha das bazas do equipo nacional para pelexar polas medallas.
É por iso que a campioa en Londres 2012 (no Match Race) e cuarta en Río 2016 e Tokyo 2020 (en 49er FX), foi unha dos deportistas presentes este martes no acto celebrado pola Asociación Deportes Olímpicos (ADO) na sede do Comité Olímpico Español.
Tratábase dun evento cuxo obxectivo era agradecer ás empresas colaboradoras do proxecto ADO o seu apoio para financiar as bolsas a deportistas.
No acto Echegoyen pronunciou unhas palabras sobre como chega á cita olímpica de París, asegurando que "afronto estes Xogos co grao da experiencia, pero coa mesma emoción que os anteriores".
"Todos estamos aquí por un obxectivo e a aposta de percorrer o camiño xunto aos deportistas é única", sinalou a regatista pontevedresa.
Támara foi ademais una das deportistas que participou na presentación do equipamento oficial que lucirá o equipo español en París 2024.