Por mor do tráxico accidente ferroviario de Santiago de Compostela, a Concellería de Deportes acordou este xoves, nunha xuntanza urxente, a suspensión da Carreira Popular do Santiaguiño do Burgo, que estaba convocada para hoxe.
O concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, lamenta as molestias para ás persoas inscritas, así como a acompañantes, ás que prega desculpas.
O concelleiro expresa tamén a súa solidariedade, que é a do Concello de Pontevedra, ás familias das vítimas do tráxico accidente de Santiago.
Ao longo dos próximos días tomarase unha decisión sobre a celebración ou non da proba deportiva noutras datas, o que se comunicaría oportunamente.