Supera ofrécese a negociar unha rescisión da súa concesión en Rías do Sur

Pontevedra
15 de marzo 2022

A empresa que xestiona as instalacións da piscina olímpica de Ponte Muíños púxose en contacto coa Fundación Rías do Sur para iniciar as negociacións dunha posible rescisión no seu contrato, ao que lle restan 14 anos de vixencia. "La oferta está encima de la mesa", recoñece o presidente da Fundación,  Héctor Vilariño

Campionato Galego de Natación de Inverno
Campionato Galego de Natación de Inverno / Cristina Saiz

A solución ao peche da piscina olímpica de Ponte Muíños está un pouco máis preto tras o último movemento da empresa concesionaria do servizo, Supera.

Responsables da concesionaria contactaron coa Fundación Rías do Sur para "ofrecernos negociar una posible rescisión", confirma a PontevedraViva o presidente da Fundación, Héctor Vilariño.

"La oferta está sobre la mesa", asegura, aínda que desde a entidade propietaria do Complexo Deportivo Rías do Sur solicitouse primeiro un informe de "cuáles son sus pretensiones" e os pasos para dar, tanto a nivel económico como no que implica para os preto de 30 traballadores da instalación deportiva.

Trátase dun primeiro contacto tras a decisión unilateral de Supera de pechar as instalacións acuáticas en Ponte Muíños xustificándoo nuns inasumibles custos enerxéticos.

"De momento no nos han dado una cifra", explica Vilariño sobre unha negociación que esperan establecer nos próximos días e que supoñería poñer fin a un contrato ao que aínda lle restan 14 anos de vixencia.

De concretarse esta opción o seguinte paso sería pensar en "sacar un concurso de nuevo o gestionar el servicio directamente", pero para chegar aí primeiro debe resolverse o conflito aberto con Supera, unha situación que deixou na estacada a usuarios, clubs e un gran número de deportistas da cidade e da comarca.