A sede da Real Federación Galega de Fútbol en Pontevedra foi escenario este mércores do sorteo da recuperada Copa Deputación de fútbol.
Tras o parón motivado pola pandemia, a competición de fútbol afeccionado regresa con forza coas primeiras eliminatorias previstas para o próximo 6 de decembro.
Nesta edición participarán ata 133 equipos na categoría masculina, dos que 63 correspóndense á delegación de Vigo e 70 ás de Pontevedra e O Deza, mentres que en categoría feminina tomarán parte 26 equipos de Primeira, Segunda e Terceira División Galega.
As eliminatorias disputaranse a partido único no campo do equipo de inferior categoría.
O sorteo da Copa Deputación contou coa presenza do presidente da Federación galega, Rafael Louzán, deixando un cadro de competición que pode consultarse aquí.